Razoamento

Le Penseur de Auguste Rodin.

Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles. Podemos diferenciar dous tipos de razoamento:

• O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.

• O razoamento lóxico é un proceso de lóxica mediante o cal, partindo dun ou máis xuízos, derívase a posibilidade ou a falsidade doutro xuízo distinto. O estudo dos argumentos corresponde á lóxica, de modo que a ela tamén lle corresponde indirectamente o estudo do razoamento. Polo xeral, os xuízos nos que se basea un razoamento expresan coñecementos xa adquiridos. É posible distinguir entre varios tipos de razoamento lóxico.


Developed by StudentB